Chega a primavera! (Inf A)

 Boa tarde, familias!

Chegou a primavera á nosa aula, e aquí tedes algunhas das cousas que estivemos a facer estes días:

Inauguramos a proposta semanal de “Petiscos artísticos”, presentando unha obra de arte relacionada coa temática a traballar, coa que aprenderemos a observar e describir diferentes cadros. Esta semana tocou “Girasoles”, de Van Gogh.


Tamén nos convertemos en pintores e pintoras, recreando con acuarelas os ramos tan bonitos que trouxestes. Fixámonos las formas das flores, as súas cores… e elaboramos os medallóns de primavera empregando masa de modelar e flores.



Ademais, estivemos decorando unha ilustración de Luis Davila empregando a técnica do rasgado de papel. Tedes que vela na nosa biblioteca! Fixémolo tan ben que dende o equipo de biblioteca déronnos un premio! Un libro para pintar mandalas que xa gardamos na nosa maleta da calma, na nosa aula. 


E para rematar ben a semana xogamos no patio coas bandexas sensoriais! Puidemos experimentsr, inventar, ulir, trasvasar… coas flores, auga tinguida con colorante alimenticio, vasos…



Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana