Saída á EEI O Grupo

 Boa tarde!

Hoxe visitamos aos nosos compis da escola O Grupo. Representamos o conto “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras, e pasámolo xenial! Os encargados e encargadas, foron: da aula de infantil A Sabela e mais Axel, e da aula B Óliver e mais Sabela. Que ben o fixeron!!

Despois, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comimos todiño! 

E para rematar a mañá, xogamos moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Non tivemos tempo de pasar polo parque, xa que decidimos pasar un ratiño máis no Grupo. 

Boa fin de semana!!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeiros días en 3 anos!

Saídas desta semana