Últimos días en Infantil A

 Boa tarde, familias! 

Estes últimos días estamos a investigar sobre o sistema muscular e mais o aparello circulatorio. Xa somos uns expertos e expertas coa axuda do esquelete “Eufrasio” e mais “musculitos”. 

Tamén fixemos unhas chapas con palabras en galego para celebrar o Día das Letras Galegas, e elaboramos uns chaveiros para regalar polo Día da Familia. 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana