Comeza a aventura en 5 anos!
Boa tarde, familias!
Estas primeiras semanas na aula de 5 anos non paramos! O primeiro día participamos nos xogos do patio dianteiro cos demais nenos e nenas do cole.
Falamos moito contando cousiñas do verán, e coñecendo ás novas e novos compis do grupo. Para iso, fixemos actividades como a “tea de araña” cunha madeixa de la, participamos en asembleas..
Realizamos as rutinas diarias: buscamos o día da semana, colocamos os pictogramas por orde para saber o que tocaba cada día, o encargado ou encargada escribe o seu nome e debúxase… e inauguramos o noso contador de letras! Cada día, o encargado debe ordenar as letras móbiles do seu nome e pegalas no contador. Logo, investigamos sobre cal é máis longo, que letras se repiten, etc.
Iniciamos as merendas saudables e axudamos a poñer e limpiar a mesa. E, por suposto, xogamos moito! Tamén decoramos os nosos colgadoiros e, neste curso, decidimos cambiar as fotos polos nosos autorretratos.
Comentarios
Publicar un comentario