Animais do bosque en 5 anos 🐗

 Boa tarde! 

Nestas semanas iniciamos o proxecto dos animais do bosque partindo dos intereses das nenas e nenos. Comezamos primeiro averiguando que sabiamos e que queriamos saber, e empezamos a investigar sobre o xabaril. Creamos un espazo na aula onde iremos situando toda a información que teñamos, xunto con libros especializados e contos coa temática.

Fixemos actividades de lóxica matemática, lectoescritura, grafomotricidade… e montamos na mesa sensorial o minimundo do bosque.

Por outra banda, comezamos co empréstito dos contos cada venres, xogamos coa recta numérica… e buscamos un pouquiño de información sobre o país que traballaremos neste curso no proxecto de centro: Senegal!🇸🇳 

Tamén recibimos a visita da nai de Arya, que nos leu o conto ”A mellor sopa do mundo”. Encantounos!!

Aquí vos deixamos imaxes dunha pequena parte de todo o que fixemos estas semanas, 

Apertas!





Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana