Os primeiros días do mes de setembro comezamos decorando a aula con plantas para o seu coidado, reorganización dos espazos e materiais e as primeiras tarefas de lectoescritura por equipos e en gran grupo!
Boa tarde!! Aquí tedes máis fotiños da celebración do samaín na escola: fixemos a foto grupal de cada aula de infantil, degustamos as merendas terroríficas xunto cos nenos e nenas de infantil B, visitamos a exposición de cabazas, limos un conto de medo na biblioteca, cantamos a canción “no samaín” todos os nenos e nenas do cole no patio dianteiro e… pasámolo de medo na casa do terror!!! Foi unha mañá marabillosa! Grazas familias pola vosa participación para que este día fose tan especial!
A pasada semana festexamos a graduación de 6º de EP e mais EI. Foi un momento moi especial para pechar con agarimo unha etapa e iniciar outra con moitas ganas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:
Boa tarde! Esta semana fixemos dúas saídas. O martes visitamos o cine Seixo, e visualizamos unha película onde nos ensinaban a importancia de coidar da natureza. Despois merendamos nunha praza próxima e xogamos un pouco no parque antes de volver á escola. O xoves fomos ao Ceip Carballal, e realizamos dúas receitas mexicanas: fixemos guacamole e quesadillas. Estaba todo riquísimo e non deixamos nada!! Despois xogamos un pouco no patio e tamén nas aulas de infantil. Pasámolo xenial!
Comentarios
Publicar un comentario