Outono e animais do bosque (5 anos)
Boa tarde!!
Estes últimos días realizamos algunhas propostas relacionadas co outono e mais cos animais do bosque.
Primeiro observamos elementos naturais (setas, piñas, follas, froitos…) e descubrimos de que árbores son.
Aproveitámolos para crear mandalas en parellas, e cada vez quédannos mellor!
Tamén estamos a facer postais de outono, traballando a motricidade fina e lectoescritura. No interior tiñamos que escribir a palabra “outono”, e empregamos diferentes estratexias segundo a etapa na que nos atopamos: copiar as letras ordenadas, ordenar as letras de madeira que compoñen a palabra e logo escribilas, escoller as letras, ordenalas e despois escribila…
Coas tarxetas dos animais estivemos a traballar a conciencia silábica. Tiñamos que situar tantos aros de madeira como sílabas ten cada nome. Dásenos xenial!
Ademais, Ivó tróuxonos un puzle a tamaño real do xabaril e estivemos xogando moito con el. Encántanos!
Comentarios
Publicar un comentario