Propostas da aula de 3 anos
Ola familias! Aquí mostrámosvos algunhas das actividades que realizamos na aula de 3 anos: propostas libres nos recunchos como quebracabezas, construcións, dinosauros para traballar as formas xeométricas...
Tamén, comezamos a traballar o outono. Escoitamos e bailamos con cancións como "O outono" de Uxía Lambona, reforzamos o vocabulario xogando ao lince, debullamos millo e, co carozo, a modo de pinceis, fixemos as nosas primeiras obras de arte otoñais. Coloreamos coas témperas sólidas debuxos de outono e empregamos por primeira vez os punzóns. Ademais, como se achega Samaín, aproveitamos para pintar cabazas e sacarnos fotos para decorar a nosa porta coas cabazas co noso corpo dentro.
Este ano, o proxecto do cole é "Galicia no mundo" e dende a nosa aula investigaremos sobre Venezuela. O primeiro que fixemos foi a nosa bandeira. Observamos e analizamos cantas cores tiña e cales eran, a súa orde, contamos as estrelas e puxémonos mans á obra. E aprendemos a "troquelar" cunha máquina máxica que fai estrelas!!!
A verdade é que non paramos! Facemos moitiiisimas cousas... Xogamos, lemos, aprendemos os números, as letras... aquí tedes unha pequena mostra:
Comentarios
Publicar un comentario