Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

Animais do bosque en 5 anos

Imagen
 Estas semanas continuamos a traballar sobre o proxecto dos animais do bosque. Entre outras cousas, descubrimos as diferentes especies de xabaril, xogamos a emparellar animais coas súas pegadas… tamén elaboramos unha masa con fariña, sal e canela e empregamos elementos de outono e mais as miniaturas dos animais do minimundo para ver as pegadas que deixaban nela.  Fixemos sumas encriptadas, fixándonos nos puntos que “valía” cada animal para realizar a suma correctamente. Comezamos a xogar coas regletas, avanzando pouco a pouco no seu coñecemento: cores, tamaños, equivalencias…  Coas casiñas de números tamén abordamos diversos contidos, recoñecendo distintos números, o anterior e posterior, maior e menor… Tamén montamos a árbore de nadal, estreamos un xogo de relaxación e recibimos a visita da nai de Lucía, que nos visitou para ler varios contos chulísimos! Moitas grazas por pasar este ratiño con nós!!

Saídas desta semana

Imagen
 Boa tarde! Esta semana fixemos dúas saídas. O martes visitamos o cine Seixo, e visualizamos unha película onde nos ensinaban a importancia de coidar da natureza. Despois merendamos nunha praza próxima e xogamos un pouco no parque antes de volver á escola.  O xoves fomos ao Ceip Carballal, e realizamos dúas receitas mexicanas: fixemos guacamole e quesadillas. Estaba todo riquísimo e non deixamos nada!! Despois xogamos un pouco no patio e tamén nas aulas de infantil. Pasámolo xenial!

Conmemoración 25-N

Imagen
 Esta semana conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. As nenas e nenos de educación infantil prepararon unha obra de teatro baseada no conto “O libro dos porcos”, e representárona ao alumnado de primaria.  Tamén cantamos unha canción coa temática, e falamos moito sobre a importancia de respectarnos e tratarnos ben.

Aniversarios de novembro 🎂

Imagen
 Boa tarde! Este mes celebramos os aniversarios de Magín e mais Olivia, que cumpliron 5 anos. Parabéns, querémosvos moito!

Reciclaxe ♻️

Imagen
 Todo o proceso da reciclaxe do papel para a elaboración de marcos de fotos do outono! 

Outono en 4 anos

Imagen
Coa chegada do outono preparamos diversos xogos de lóxicamatemática como series, sopa de outono e traballo de motricidade cosendo o ourizo, debullando o millo e facendo trasvases de lentellas.  

Samaín 2024 🎃🦇

Imagen
 Ola, familias!  A pasada semana celebramos o Samaín na escola. Xogamos na aula sensorial, fixemos unha merenda terrorífica os nenos e nenas de infantil (moitas grazas pola vosa participación, foi un éxito!) e despois participamos en diversos xogos populares no patio.  Pasámolo fenomenal!! 

Visita en 5 anos

Imagen
 Boa tarde! Hai uns días recibimos a visita da nai de Olivia, que nos trouxo moita información sobre varios animais que viven nos bosques. Falounos do xabaril, o oso, cervo…  Aprendimos moitísimo e pasamos un tempiño xenial! Moitas grazas por vir!!!