Saídas desta semana
Boa tarde!
Esta semana fixemos dúas saídas. O martes visitamos o cine Seixo, e visualizamos unha película onde nos ensinaban a importancia de coidar da natureza.
Despois merendamos nunha praza próxima e xogamos un pouco no parque antes de volver á escola.
O xoves fomos ao Ceip Carballal, e realizamos dúas receitas mexicanas: fixemos guacamole e quesadillas. Estaba todo riquísimo e non deixamos nada!!
Despois xogamos un pouco no patio e tamén nas aulas de infantil. Pasámolo xenial!
Comentarios
Publicar un comentario