Animais do bosque en 5 anos

 Estas semanas continuamos a traballar sobre o proxecto dos animais do bosque. Entre outras cousas, descubrimos as diferentes especies de xabaril, xogamos a emparellar animais coas súas pegadas… tamén elaboramos unha masa con fariña, sal e canela e empregamos elementos de outono e mais as miniaturas dos animais do minimundo para ver as pegadas que deixaban nela. 

Fixemos sumas encriptadas, fixándonos nos puntos que “valía” cada animal para realizar a suma correctamente. Comezamos a xogar coas regletas, avanzando pouco a pouco no seu coñecemento: cores, tamaños, equivalencias… 

Coas casiñas de números tamén abordamos diversos contidos, recoñecendo distintos números, o anterior e posterior, maior e menor…

Tamén montamos a árbore de nadal, estreamos un xogo de relaxación e recibimos a visita da nai de Lucía, que nos visitou para ler varios contos chulísimos! Moitas grazas por pasar este ratiño con nós!!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis samaín (2ª parte)

Brincaxogos 2024

Saídas desta semana