Bo nadal 🎄 diciembre 23, 2024 O pasado venres pasámolo fenomenal no festival! Moitas grazas por vir e estar ese ratiño con nós. As nenas e nenos da aula de 6º de educación infantil desexámosvos felices festas!! Comentarios
Primeiros dÃas en 3 anos! octubre 01, 2025 Boa tarde, familias! Aquà vos deixamos algunhas imaxes do que estivemos a facer estas primeiras semanas de escola. Xogamos moito, coñecÃmonos e descubrimos espazos do noso cole! Comezamos a realizar as rutinas de entrada, e engadiremos máis pouco a pouco: sentamos na alfombra e facemos a asemblea, pasamos lista e contamos os que están na escola e os que faltan, o encargado ou encargada debúxase (avanzando asà no esquema corporal), poñemos as zapatillas… e estamos a traballar as normas da aula diariamente! Tamén facemos unha sesión de relaxación ao regresar do patio, e despois facemos a lectura dun conto. Tamén participamos nas actividades, traballando especialmente a motricidade fina e coordinación ollo-man a través de actividades impresas (con pintura de dedos) e propostas manipulativas en bandexas (trasvasando arroz, con vocabulario de outono situando aros de madeira na palabra correcta, coas rodas de cores pegando cada imaxe na cor que corresponde, xogando coas cantidades... Ler máis »
Graduación 6º EI 🎓 junio 13, 2025 A pasada semana festexamos a graduación de 6º de EP e mais EI. Foi un momento moi especial para pechar con agarimo unha etapa e iniciar outra con moitas ganas. Aquà vos deixamos algunhas imaxes: Ler máis »
SaÃdas desta semana noviembre 29, 2024 Boa tarde! Esta semana fixemos dúas saÃdas. O martes visitamos o cine Seixo, e visualizamos unha pelÃcula onde nos ensinaban a importancia de coidar da natureza. Despois merendamos nunha praza próxima e xogamos un pouco no parque antes de volver á escola. O xoves fomos ao Ceip Carballal, e realizamos dúas receitas mexicanas: fixemos guacamole e quesadillas. Estaba todo riquÃsimo e non deixamos nada!! Despois xogamos un pouco no patio e tamén nas aulas de infantil. Pasámolo xenial! Ler máis »
Comentarios
Publicar un comentario