Propostas en 5 anos
Boa tarde!
Estas semanas estivemos a facer moitas cousiñas na nosa aula: rematamos o proxecto do inverno descubrindo Oymyakon, o lugar habitado onde vai máis frío, e fixemos as portadas dos traballos estampando limóns e laranxas con pintura. Tamén houbo tempo para degustar algunhas pezas!
Para celebrar o Día da Felicidade trouxemos imaxes sobre aquilo que nos fai felices e, como non podía ser doutra forma, estar coas nosas familias foi a máis repetida ❤️
Nos últimos días tamén nos está gustando escribir nos folios os nomes das nenas e nenos da aula de xeito espontáneo, que ben o pasamos!
Ademais o venres tivemos unha visita moi especial: o papá de Mariña acudiu á nosa aula con Mbay, que naceu en Senegal e contounos cosas moi interesantes!
Nós tiñamos algunhas preguntas preparadas, e durante a súa visita falounos das comidas típicas senegalesas, froitas propias desa zona, vestimenta… e ensinounos como se din algunhas palabras na lingua wólof!
Moitas grazas por compartir este tempiño con nós!
Para rematar deixamos unhas imaxes da nosa visita á horta, onde plantamos xirasoles.
Comentarios
Publicar un comentario