Propostas de primavera en 6º EI
Durante este trimestre realizamos moitas propostas relacionadas coa primavera. Mercamos una casa de insectos que puxemos no patio, fixemos papel plantable con sementes de lavanda e mesmo debuxamos con acuarela un ramo de flores, fixándonos ben nos detalles.
Tamén traballamos a lóxica e lectoescritura con tarxetas de palabras significativas sobre a temática: identificamos a letra que falta, creamos pulseiras de palabras (coa guía ou sen ela segundo a etapa na que nos atopamos)…
Realizamos un microproxecto sobre o caracol, xa que foi o centro de interese durante varios días, e anotamos nun libriño todo o aprendido. Ademais o noso compi André trouxo caracois e observamos a súa anatomía, alimentación… encantounos!!
Comentarios
Publicar un comentario