Xogamos en 6º EI
Nas últimas semanas incorporamos á nosa aula novos materiais. Entre eles está o calendario de madeira cos meses do ano para as rutinas, e xogos de construcións e pezas soltas, xa que os materiais non estruturados permítennos crear deixando voar a imaxinación e son dos nosos favoritos!
Tamén contamos con xogos de mesa coma Postman e na zona de biblioteca incorporamos un sillón para desfrutar aínda máis das nosas lecturas.
No patio continuamos a facer os picnics e xogamos moito coa mesa de experimentación ao aire libre!
Comentarios
Publicar un comentario