Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

Xaneiro en 5° de EI

Imagen
De volta ao cole, introducímonos na estación do inverno a través da arte e do grafismo, realizando unha paisaxe invernal con puntos controlados, liñas horizontais, verticais e cruzadas. A arte tamén pode ser multisensorial, a través destas acuarelas de xeo. Un punto moi importante na nosa dinámica escolar é o traballo da psicomotricidade fina, que nos prepara para a escritura e outras tarefas do día a día. Espertando a parte do tacto e a noción do esquema corporal, elaboramos bonecos de neve con artoz, unha experiencia moi divertida! Unha parte fundamental deste mes foi o traballo da lóxica e dos conceptos matemáticos. Como novidade introducimos o uso do robot, unha actividade motivadora que require interiorizar habilidades lóxicas e espaciais, como dereita e esquerda, arriba e abaixo, contar... Tamén incluimos o traballo con seriacións e introducímonos nas cantidades e nas sumas con materiais manipulativos e cos xogos de mesa. A lectura é unha parte moi importante da nosa rutina diari...

Decembro en 5° de EI

Imagen
O Nadal, protagonista deste mes. A través desta festividade traballamos capacidades importantes como a lectoescritura e a psicomotricidade fina, así coma o aumento de vocabulario. As actividades artísticas tamén tiveron moita presenza, elaborando adornos de Nadal para a aula e para casa, así coma as postais para ás familias. Pero o máis importante deste mes foi a interiorización de valores como a amizade e a solidariedade, aprendemos a compartir, a convivir e a coidar.  Fixemos un intercambio de postais coas persoas usuarias da Asociación AFAPO de Alzheimer e compartimos receitas de Nadal entre compañeiros e compañeiras. Tamén continuamos co noso proxecto da lontra, aproveitando o material que trouxeron as familias, coma este xogo de memoria visual que trouxo o noso compañeiro Antón. Xa achegados ás vacacións gozamos do espíritu do Nadal no Tren de Nadal de Marín. E, por suposto, neste mes non faltaron as trasnadas do noso Elfo Elvis! Sorpresa e risas cada mañá! Bo Nadal! 🎄✨