Abril en 5° de infantil
Comezamos este mes por todo o alto, conmemorando o Día Mundial da Saúde cun cursiño de primeiros auxilios moi completo: aprendemos as sinais de enfermidade básicas, como a temperatura, os coidados de golpes e feridas, coñecemos o botiquín, e cómo actuar ante unha persoa inconsciente.
Esta experiencia trouxo un interés moi grande sobre a profesión sanitaria, ao que axudou o noso compañeiro Teo traendo un fonendoscopio a clase. Encantounos xogar aos medicos/as!
O mes continúa emocionante coa excursión ao teatro de Abanca Afundación, xa o propio traslado en autobús xa é unha experiencia apasionante para nos!
A obra titulada "Vuela pluma" trataba sobre un paxaro que naceu encerrado e, tras escapar, viaxou polo mundo coñecendo novos amigos e compartindo a maxia da liberdade.
Xa que o tempo estaba da nosa parte, ao sair aproveitamos para merendar nun pequeno parque.
Este mes destacamos especialmente o hábito lector, xa que compartimos diversos apadriñamentos lectores cos nosos compañeiros e compañeiras de primaria, así como de ratos de "lectura libre" na biblioteca.
E que menos que conmemorar o Día do Libro elaborando uns marcapáxinas para os momentos de lectura relax coas nosas familias!
Seguindo o fío da lectura, traballamos intensamente a escritura, introducindo como novidade a aproximación ás letras minúsculas. Seguimos traballando de forma manipulativa e lúdica, centrando a temática nos intereses dos nenos e nenas.
A escritura vai da man do control dos dedos, polo que traballar a psicomotricidade fina diariamente con xogos divertidos, como facer bisutería con abalorios, ou adornos para a nosa clase, coma as vidrieras.
E sen perder o foco no proxecto dos bechos e o noso gran sentido artístico, realizamos unhas libélulas de palitos de madeira, quedaron espectaculares!
Para que un proxecto educativo teña éxito non fai falta estar "producindo" continuamente, o propio xogo libre e experimental ten grandes beneficios, como a estimulación da memoria ou a socialización. Así o fixemos co minimundo dos insectos.
E para espertar o noso lado máis científico, a familia de Teo amosounoa o microscopio dixital, unha forma motivante e emocionante de aprender sobre a natureza e o corpo humano. Quedamos abraiados coas imaxes de diferentes insectos e incluso do sangue!
Mauro e a súa familia tamén axudaron a aprender máis sobre os insectos co seu libriño de curiosidades. Sabiades que os saltamontes escoitan polas patas??
Neste proxecto dos insectos non perdemos de vista a parte lóxica e matemática, seguimos traballando nos números, na súa descomposición, sumas, e algo moi importante: a orientación espacial, fundamental para habilidades educativas básicas como a lectura, a escritura e a comprensión da realidade. E fixémolo con actividades tan chulas coma esta:
Finalmente pechamos este mes primaveral coa chegada da festa dos Maios. Coñecimos o que eran, as plantas protagonistas e algunhas características de esta tradición tan colorida. Na nosa aula tamén fixemos os nosos "Minimaios".
Viva a primavera no CEIP Sequelo! 🌱🌸🌷🌼





















Comentarios
Publicar un comentario