Visita da nai de Óliver
Esta semana tivemos unha gran sorpresa na aula. A nai de Óliver Area veu facernos unha visita moi especial para falarnos dun insecto fascinante: a libélula! 🦟✨
O alumnado quedou coa boca aberta ao descubrir algúns dos seus segredos.
Despois de aprender toda a teoría, puxémonos mans á obra cunha actividade práctica. Deseñamos e decoramos as nosas propias libélulas usando: paus de xeado, limpiapipas e ollos saltóns. Quedaron preciosas e cheas de cor!
Queremos dar as grazas de todo corazón a esta nai por agasallarnos co seu tempo, a súa paciencia e unha actividade tan bonita que os pequenos non van esquecer. A colaboración das familias enriquece moitísimo o noso día a día na escola.








Comentarios
Publicar un comentario