Entradas

Saída ao parque

Imagen
 Ola familias! A pasada semana a profe Belén levounos ao parque de suboficiais que está cerquiña do cole para realizar alí a sesión de psicomotricidade.  Foi moi divertido! 

Recibimos a visita das nenas e nenos da EEI O grupo

Imagen
 Boa tarde familias! Hoxe tivemos unha mañá moi especial, as nenas e nenos da EEI O grupo viñeron visitarnos. Ensinámoslles algúns espazos da escola, xogamos na aula sensorial, a profe Belén preparounos tamén uns xogos no pavillón chulísimos e os compis de 6º de primaria contáronnos un conto na biblioteca.  E, por suposto… fixemos unha merendola con froita e galletas antes de marchar!! Que ben o pasamos!

Creamos as nosas iniciais co lapis 3D

Imagen
 Ola! Estes días estivemos a crear as nosas iniciais co lapis 3D. Aquí vos deixamos o resultado! Apertas!

Aniversarios de decembro e xaneiro

Imagen
 Ola familias! Deixámosvos unhas imaxes dos aniversarios do mes de decembro e mais de xaneiro. Moitísimos parabéns a Yoel, Axel, Lola, Nicolás e mais Enzo! Querémosvos compis!  

Propostas de inverno na aula sensorial

Imagen
 Boa tarde familias! Esta mañá pasámolo moi ben participando en diversas actividades sensoriais relacionadas co inverno. Aquí vos deixamos algunhas imaxes, apertas!

Nadal no Sequelo

Imagen
 Ola a todas e todos!  Onte fixemos a festa de nadal na escola, e pasámolo fenomenal! Visitáronnos Mary Poppins e Papá Noel, tomamos chocolate con churros, fixemos unha sesión de cine e demos as campanadas!!

Tren de nadal

Imagen
 Boa tarde familias!  Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos polas rúas de marín no tren de nadal!!