Entradas

Un Samaín de cine! 🎬🎃

  Este ano, para celebrar o  Samaín , o noso alumnado converteuse en auténticos directores e actores de cinema. Despois de moito traballo, creatividade e algúns sustos, prepararon un  tráiler terrorífico  que vos vai deixar a boca aberta.  Non vos perdades o noso tráiler terrorífico: Tamén podedes velo no blog da biblioteca: https://bibliotecasequelo.blogspot.com/2026/10/samain-no-ceip-sequelo.html

OUTONO DE CORES

Imagen
malia que o tempo parecía máis propio do verán que do outono, na nosa aula xa comezamos a descubrir e experimentar coa nova estación:  o outono Pouco a pouco, fomos achegándonos aos seus elementos máis característicos grazas ás achegas das familias, que nos axudaron a encher a aula de follas, pólas e froitos. A través da exploración, puidemos tocar, ulir, observar e comparar diferentes materiais naturais, descubrindo novas texturas e aromas que, pouco a pouco, ían impregnando o noso recuncho do outono. Tamén xogamos coas letras e comezamos a compoñer a palabra OUTONO, achegándonos á linguaxe escrita dun xeito significativo, manipulativo e conectado coas nosas propias experiencias.          As nosas pequenas coleccións naturais déronnos a oportunidade de relacionar as follas e as pólas cos seus froitos: piñeiros e piñas, castiñeiros e ourizos, landras… Así, fomos descubrindo algunhas das características das árbores que forman parte da nosa contorna e reflex...

Magosto🍂🌰

Imagen
Esta festa tan nosa é a escusa perfecta para poñer en valor as tradicións galegas, compartir momentos únicos e, por suposto, saborear unhas ricas castañas asadas. Outo ano máis quixemos que o noso Magosto fose activo e comunitario. Por iso, convertemos o patio do centro nun gran escenario de convivencia a través dos nosos  xogos populares e tradicionais .  

Samaín 👻

Imagen
O Samaín xa chegou ás nosas aulas! Esta festividade de orixe celta apaixónanos porque nos permite encher o aprendizaxe diario de misterio, motivación e moita diversión. Para dar o pistoletazo de saída, deseñamos unha serie de actividades temáticas centradas en tres grandes áreas pedagóxicas: a lóxica-matemática, a lectoescritura e a expresión plástica a través das manualidades. A continuación, contámosvos todo o que estamos a facer e como os vosos pequenos aprenden mentres o pasan de medo.  

Lóxico-matetàtica

Imagen
Diferentes maneiras divertidas de traballar a lóxica matemática nas nosas aulas.  

Comeza o cine

Imagen
 Pra comezar co proxecto do cole; o cine,as nosas aulas remóntanse o autocine. Así elaboramos os nosos coches e así foi a sesión:a disfrutar!!