O samaín chega ás nosas aulas…

Boa tarde familias! Velaquí vos deixamos algunhas das propostas que realizamos esta semana: vidreiras de medo, series terroríficas, debuxos con personaxes inventadas de samaín (aos que lles creamos nomes)… Tamén realizamos un obradoiro de consumo responsable sobre os desfraces de samaín, comprendendo a importancia de reciclar e reutilizar, e mais identificar se son seguros ou non mediante as etiquetas. Ademais visitounos a nai de Ivó estes días, e os dous contáronnos un contiño moi chulo!