Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Últimos días en Infantil A

Imagen
 Boa tarde, familias!  Estes últimos días estamos a investigar sobre o sistema muscular e mais o aparello circulatorio. Xa somos uns expertos e expertas coa axuda do esquelete “Eufrasio” e mais “musculitos”.  Tamén fixemos unhas chapas con palabras en galego para celebrar o Día das Letras Galegas, e elaboramos uns chaveiros para regalar polo Día da Familia. 

Saída ao parque

Imagen
 O xoves achegámonos ata o parque de suboficiais coa mestra Belén. Xogamos moito e merendamos ao aire libre.  Temos ganas de volver!

Aniversarios de maio🎂

Imagen
 Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos aniversarios deste mes. Moitísimos parabéns para Sabela, André e mais Daniela. Querémosvos moito 🧡

Arte e primavera (infantilB)

Imagen
 Deixamos un resumo do moito que gusta traballar arte na nosa clase!

O robot

Imagen
 Iniciámonos no uso do robot (Doc) con esto traballamos cores, letras, animais e direccións. 

Aniversario Óliver

Imagen
 Hoxe celebramos o seu aniversario e trouxo un pastel boísimo! Desexamoste un bó día.

Lectura de familias

Imagen
 Hoxe visitounos a nai de Manuel! Todos estiveron moo atentos ó conto e pasaron un bó rato. Gracias Lorena

Brincaxogos 2024

Imagen
Moi boa tarde! Esta mañá, para conmemorar o Día da Familia, organizamos novamente xogos no patio con distintas zonas: xogos de mesa, lectura, arte, construcións… sacamos tamén a “piscina” de bolas e fixemos moitas fotos coa cámara instantánea, para elaborar o noso “percorrido de lembranzas”, colgando as imaxes no patio. Moitísimas grazas, familias! Coa vosa colaboración pasamos un ratiño marabilloso!

Aniversario Sabela

Imagen
 Hoxe celebramos o aniversario de Sabela e xirou 5 veces ó sol! Cantamos cancións, xogamos e merendamos un rico biscoito que trouxo. 🎂

Visítanos a nai de Lola 📚

Imagen
 Esta semana tivemos unha visita moi especial! A nai de Lola Dopazo veu pasar un ratiño con nós, e trouxo un conto moi chulo para ler. Desfrutamos moito!! Grazas familia!🧡

Saída á EEI O Grupo

Imagen
 Boa tarde! Hoxe visitamos aos nosos compis da escola O Grupo. Representamos o conto “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras, e pasámolo xenial! Os encargados e encargadas, foron: da aula de infantil A Sabela e mais Axel, e da aula B Óliver e mais Sabela. Que ben o fixeron!! Despois, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comimos todiño!  E para rematar a mañá, xogamos moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Non tivemos tempo de pasar polo parque, xa que decidimos pasar un ratiño máis no Grupo.  Boa fin de semana!!

17 de maio

Imagen
Aquí vos deixamos un xogo de memoria de Luisa Villalta para conmemorar o día das letras galegas https://view.genial.ly/6639fb99e40200001450236b/interactive-content-encuentra-la-pareja

Primavera e corpo humano en Infantil A

Imagen
 Boa tarde, familias! Nestas últimas semanas estivemos rematando o noso microproxecto sobre a primavera. Lembramos as estacións e por qué se producen empregando o globo terráqueo.  Coas flores que as nenas e nenos trouxeron observamos as partes que as compoñen e mais os seus nomes.  Tamén fixemos algunhas actividades, como: compoñer un puzle coa imaxe dun tulipán, sumar, elaborar unha flor con filtros de café coa profe Belén, descompoñer números coas “margaridas sumadoras” empregando tapóns, e seguimos avanzando na lectoescritura con diversas propostas partindo do nivel no que se atopa cada nena e neno.  Buscamos e asociamos a inicial de cada imaxe onde corresponde, compoñemos palabras con letras móbiles… Coa celebración dos maios tamén quixemos axudar e estivemos quitando os talos ás flores, para posteriormente facer os colares. Traballamos moito a motricidade fina! Ademais, comezamos o proxecto deste terceiro trimestre: o corpo humano. Estivemos expoñendo a informa...