Boa tarde! Esta semana afondamos sobre o inverno e, en especial, o noso interese centrouse nos polos e nas auroras polares. Aquí vos deixamos imaxes dalgunhas cousiñas que andivemos a facer. Buscamos o Polo Norte e mais o Polo Sur na bola do mundo, descubrimos como se producen as auroras polares e a diferenza entre aurora boreal e aurora austral. Tamén xogamos a crear as nosas pintando con xeo sobre papel continuo, ambientando a aula con música relaxante e imaxes coa temática. Por outra parte rematamos as nosas obras invernais sobre papel aluminio escribindo os nosos nomes e dándolle un título. Tamén colgamos as vidreiras de folerpas nas ventás, e xogamos a descubrir as palabras que se escondían no noso abecedario encriptado. Continuamos a traballar coas letras móbiles de madeira, indicando a letra inicial de cada figura, o número de sílabas, compoñéndoa… Ademais conmemoramos o Día da Paz, realizando o mural “O meu momento de paz”, lendo o conto “Nos tratamos bie...