Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

Outono e animais do bosque (5 anos)

Imagen
 Boa tarde!! Estes últimos días realizamos algunhas propostas relacionadas co outono e mais cos animais do bosque.  Primeiro observamos elementos naturais (setas, piñas, follas, froitos…) e descubrimos de que árbores son. Aproveitámolos para crear mandalas en parellas, e cada vez quédannos mellor! Tamén estamos a facer postais de outono, traballando a motricidade fina e lectoescritura. No interior tiñamos que escribir a palabra “outono”, e empregamos diferentes estratexias segundo a etapa na que nos atopamos: copiar as letras ordenadas, ordenar as letras de madeira que compoñen a palabra e logo escribilas, escoller as letras, ordenalas e despois escribila… Coas tarxetas dos animais estivemos a traballar a conciencia silábica. Tiñamos que situar tantos aros de madeira como sílabas ten cada nome. Dásenos xenial! Ademais, Ivó tróuxonos un puzle a tamaño real do xabaril e estivemos xogando moito con el. Encántanos!

Obradoiro de luz negra👻

Imagen
 Bo día, familias! A pasada semana visitáronnos os nenos e nenas do Ceip Carballal, e xogamos na aula sensorial coa luz negra e decoración de samaín e mais de méxico.  Despois merendamos no patio e xogamos moito. Pasámolo fenomenal! 

Propostas da aula de 3 anos

Imagen
Ola familias! Aquí mostrámosvos algunhas das actividades que realizamos na aula de 3 anos : propostas libres nos recunchos como quebracabezas, construcións, dinosauros para traballar as formas xeométricas... Tamén, comezamos a traballar o outono . Escoitamos e bailamos con cancións como "O outono" de Uxía Lambona, reforzamos o vocabulario xogando ao lince, debullamos millo e, co carozo, a modo de pinceis, fixemos as nosas primeiras obras de arte otoñais. Coloreamos coas témperas sólidas debuxos de outono e empregamos por primeira vez os punzóns. Ademais, como se achega Samaín, aproveitamos para pintar cabazas e sacarnos fotos para decorar a nosa porta coas cabazas co noso corpo dentro. Este ano, o proxecto do cole é "Galicia no mundo" e dende a nosa aula investigaremos sobre Venezuela . O primeiro que fixemos foi a nosa bandeira. Observamos e analizamos cantas cores tiña e cales eran, a súa orde, contamos as estrelas e puxémonos mans á obra. E aprendemos a "tro...

Animais da granxa (4 anos)

Imagen
 Como cada microproxecto os nenos e nenas son os encargados de decidir e votar para chegar a un consenso de que lles apetece investigar. Nesta ocasión acordaron investigar sobre os animais da granxa, e houbo moita participación mediante contos, xogos, bonecos e videos dunha visita á granxa! Moitas grazas as familias pola vosa participación, seguimos animandoos para vir a ler contos a aula xa que lles fai moita ilusión.

Animais do bosque en 5 anos 🐗

Imagen
 Boa tarde!  Nestas semanas iniciamos o proxecto dos animais do bosque partindo dos intereses das nenas e nenos. Comezamos primeiro averiguando que sabiamos e que queriamos saber, e empezamos a investigar sobre o xabaril. Creamos un espazo na aula onde iremos situando toda a información que teñamos, xunto con libros especializados e contos coa temática. Fixemos actividades de lóxica matemática, lectoescritura, grafomotricidade… e montamos na mesa sensorial o minimundo do bosque. Por outra banda, comezamos co empréstito dos contos cada venres, xogamos coa recta numérica… e buscamos un pouquiño de información sobre o país que traballaremos neste curso no proxecto de centro: Senegal!🇸🇳  Tamén recibimos a visita da nai de Arya, que nos leu o conto ”A mellor sopa do mundo”. Encantounos!! Aquí vos deixamos imaxes dunha pequena parte de todo o que fixemos estas semanas,  Apertas!

Aniversarios do verán (6º EI)

Imagen
 Durante o mes de setembro celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpliron anos no verán. Moitísimos parabéns para Edgar, Maya e Ivó! Querémosvos! 🧡

Aula de 4 anos

Imagen
 Os primeiros días do mes de setembro comezamos decorando a aula con plantas para o seu coidado, reorganización dos espazos e materiais e as primeiras tarefas de lectoescritura por equipos e en gran grupo!