Entradas

Bo nadal 🎄

Imagen
 O pasado venres pasámolo fenomenal no festival! Moitas grazas por vir e estar ese ratiño con nós.  As nenas e nenos da aula de 6º de educación infantil desexámosvos felices festas!!

Boas festas!

Imagen
Dende a aula de 4 anos desexámosvos bo nadal! Espero que pasedes unhas boas festas e vémonos á volta con máis actividades e ilusións.  

Nadal en 4 anos

Imagen
Xa están próximas as festas que tanto gustan na clase, e para iso deixamos algunhas mostras de actividades e sobre todo o que máis ilusión lles fai as trastadas do elfo. Este ano chamáronlle George!

Tren de nadal 🎄

Imagen
 Boa tarde! Hoxe paseamos polas rúas de marín no tren de nadal. Gustounos moito!!

Animais do bosque en 5 anos

Imagen
 Estas semanas continuamos a traballar sobre o proxecto dos animais do bosque. Entre outras cousas, descubrimos as diferentes especies de xabaril, xogamos a emparellar animais coas súas pegadas… tamén elaboramos unha masa con fariña, sal e canela e empregamos elementos de outono e mais as miniaturas dos animais do minimundo para ver as pegadas que deixaban nela.  Fixemos sumas encriptadas, fixándonos nos puntos que “valía” cada animal para realizar a suma correctamente. Comezamos a xogar coas regletas, avanzando pouco a pouco no seu coñecemento: cores, tamaños, equivalencias…  Coas casiñas de números tamén abordamos diversos contidos, recoñecendo distintos números, o anterior e posterior, maior e menor… Tamén montamos a árbore de nadal, estreamos un xogo de relaxación e recibimos a visita da nai de Lucía, que nos visitou para ler varios contos chulísimos! Moitas grazas por pasar este ratiño con nós!!

Saídas desta semana

Imagen
 Boa tarde! Esta semana fixemos dúas saídas. O martes visitamos o cine Seixo, e visualizamos unha película onde nos ensinaban a importancia de coidar da natureza. Despois merendamos nunha praza próxima e xogamos un pouco no parque antes de volver á escola.  O xoves fomos ao Ceip Carballal, e realizamos dúas receitas mexicanas: fixemos guacamole e quesadillas. Estaba todo riquísimo e non deixamos nada!! Despois xogamos un pouco no patio e tamén nas aulas de infantil. Pasámolo xenial!

Conmemoración 25-N

Imagen
 Esta semana conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. As nenas e nenos de educación infantil prepararon unha obra de teatro baseada no conto “O libro dos porcos”, e representárona ao alumnado de primaria.  Tamén cantamos unha canción coa temática, e falamos moito sobre a importancia de respectarnos e tratarnos ben.